Bergondo, <%=date%>

Actividades VERÁN 2013 (culturais, deportivas, educativas e de servizos sociais)

PROGRAMA DE ACTIVIDADES VERÁN 2013 ( parte 1 - parte 2)  

 

ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS

Período de preinscricións: do 3 ao 7 de xuño

Lugar de pre/inscricións: Casa da Cultura

Horari de 9.00 a 14.00 h.

+ inf 981 79 12 52, ext. 4

cultura.deportes@bergondo.es

 

ACTIVIDADES EDUCATIVAS

Pre/Inscricións das actividades de conciliación da vida familiar, persoal e laboral rexeranse xunto coas bases das actividades culturais e deportivas publicadas neste folleto.

Inscricións aula Mentor: durante todo ano excepto agosto.

Lugar de pre/inscricións: Casa da Cultura

+ inf 981 79 12 52, ext. 4

educacion@bergondo.es

 

ACTIVIDADES DE SERVIZOS SOCIAIS

Obradoiros: do 17 ao 21 de xuño

Saídas culturais e saídas saudables: especifícanse no folleto de publicidade das actividades verán 2013.

Lugar de preinscricións e inscricións: Edificio de Servizos Sociais.

+inf 981 79 12 52, ext. 3

 ----------------------------------------------------------------------------

BASES ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS

1.    Prazo de preinscricións: do 3 ao 7 de xuño na Casa de Cultura en horario de 9.00 a 14.00 horas.

2.    As persoas ou representantes que asinan o impreso de inscrición fan constar que o/a inscrito/a non  padece enfermidade que os incapacite para a práctica deportiva, tendo feito o oportuno recoñecemento médico.

3.    Se hai máis solicitantes que prazas, realizarase un sorteo público, o día 12 de xuño, na Casa de Cultura ás 12.00 horas. Neste sorteo terán preferencia os solicitantes empadroados no Concello de Bergondo.

4.    Os listados definitivos exporanse na Casa de Cultura.

5.    Prazo de inscricións: do 13 ao 20 de xuño na Casa de Cultura en horario de 9.00 a 14.00 horas. Se rematado este prazo as persoas que lles toca por sorteo, non tramitan a inscrición, pasarán as persoas que están en lista de reserva.

6.    Establécense as seguintes redución de cotas:

a)      50 % para familias numerosas.

b)      50% persoas inscritas no Programa de Voluntariado dos Servizos Sociais Municipais.

c)      50% ou 100 % da cota, a aquelas persoas que se consideren desfavorecidos, previo informe da Área de Benestar Social.

d)      50 % para as persoas que acrediten debidamente figurar nos rexistros do paro, ou ben no caso de menores de idade cando ambos proxenitores ou titor do participante o acrediten. Para acreditar a dita situación, deberase entregar xunto coa solicitude un certificado da oficina do INEM, cuxa  data coincida co período de preinscrición.

7. A documentación requirida é a seguinte:

-  Formalizar a preisncrición/inscrición correspondente.

-  Número da tarxeta sanitaria nas seguintes actividades: visitas ao Aquapark de Cerceda, acampada en Gandarío, campamentos urbanos, natación rapaces, cursos de piragüismo, e multiaventura.

-  Nas actividades de conciliación da vida familiar, persoal e laboral tamén terán que presentar: copia dos DNI dos proxenitores ou titores, copia da tarxeta sanitaria, copia do libro de familia,  copia do libro de vacinacións e un certificado de empresa de cada proxenitor ou titor, ou declaración xurada.

-  No campamento verán precisarase a tarxeta sanitaria orixinal.

8. O Concello de Bergondo resérvanse o dereito de efectuar modificacións das instalacións, días, horarios, profesorado, etc, que considere necesarias; ou anular algunha actividade, por motivos organizativos.

DESCARGAR BASES 

volver

(c) Concello de Bergondo
Estrada A Coruña, 12 - 15165 - Bergondo (A Coruña)

telf. 981 79 12 52 - fax 981 79 42 33 - e-mail
Deseñada por
AracnoSoft


Gestor de contenidos desarrollado por AracnoSoft