------------------------------------------------------------------------------------------------
ORIXE DA FEIRA
A feira de artesanía xurde no ano 2001 para dar solución a un problema que consistía principalmente no descoñecemento por parte da cidadanía dun sector con moitas posibilidades económicas e cun gran potencial de riqueza.
Nun primeiro momento ten unha clara vocación socioeconómica, por unha banda pretendíase impulsar e promover o sector artesanal emprazado na zona e por outra dar a coñecer ós cidadáns uns oficios que dalgún xeito foran esquecidos debido o auxe da industria.

ANO 2001, O PUNTO DE PARTIDA
Dende o primeiro ano, os artesáns do concello implicáronse neste proxecto participando activamente, xa na organización do mesmo, xa mostrando productos de alta calidade ou amosando ó publico en qué consiste o seu traballo.
Este esforzo tivo o seu froito, obtendo como resposta a afluencia masiva de público que ata entón non amosaba ningún interese por este sector.
Ofrecíase a poboación, a posibilidade de pasar unha xornada agradable, en familia, gozando de productos de artesanía, participando directamente en talleres participativos ou demostrativos, asistindo ás actuacións de grupos de danza invitados para a ocasión, así como, claro está, visitando as casetas da feira.
É de destacar o carácter gratuíto, que dende sempre tivo esta Feira. Por esta razón, dado o elevado custe que supoñía o traslado e aloxamento de artesáns, portes de mercancías, actuacións de grupos invitados, en xeral, a organización de todo o evento, o seu comité organizador, tivo que solicitar axudas económicas a entidades para sufraga-los gastos ocasionados.
O certo é que tralo éxito obtido na I Primeira Feira de Artesanía, aparece no sector artesanal do concello unha nova iniciativa como é a constitución da “ASOCIACIÓN DE ARTESÁNS DAS MARIÑAS”, cuios obxectivos principais son:
- Promover económicamente o sector da artesanía.
- Mellora-la calidade dos seus productos.
- Desenvolver proxectos comúns para facer fronte a competencia dentro do seu mercado.
Todos estes proxectos e ideas fan que Bergondo sexa un punto de referencia dentro do sector artesán galego.
Na primeira etapa de vida desta Feira e atendendo ó xa exposto no apartado anterior, programáronse diversas actividades, como Obradoiros de Restauración, Coiro, Reciclaxe ou Cantería.
Nesta primeira edición os asistentes á Feira puideron gozar, a parte da exposición e venta das distintas obras artesáns, dunhas xornadas festivas amenizadas por distintos grupos folclóricos.
A gran afluencia de público demostrou que este tipo de eventos culturais segue estando moi vivo. Sen dúbida o entorno, o ambiente tranquilo e as actuacións musicais foron os que animaron a xente a acercarse ata este Concello, e gozar desta xornada.
Para a difusión desta feira, encargáronse carteis y dípticos informáticos e difundiuse así mesmo a través da radio e a prensa rexional (La Voz de Galicia, El Ideal Galego, etc).
ANO 2002
Na II Feira de Artesanía do Concello de Bergondo melloráronse en todo-los aspectos os obxectivos acadados na súa primeira edición: a afluencia de público; o número de artesáns invitados para o evento; a calidade dos productos en exposición, o emprazamento das casetas, tanto para o público asistente como para os artesáns participantes.
Si ben ata esta data na feira, o público só participaba dunha maneira directa nos obradoiros e na venda nas casetas, este ano por vez primeira, dada a calidade e a cantidade dos artesáns participantes, pensouse que era unha boa idea convocar 2 premios consistentes nunha contribución dineraria (premio á mellor peza, e premio ó mellor caseta), pretendeuse que a cidadanía manifestara a súa opinión a través dunhas urnas dispostas ó efecto e elixiran o producto e o caseta preferidos.
Asimesmo aparte de motivar ó público a visita-la feira, incentivase ós artesáns a presentaren obras con calidade, que poidan fomenta-la competencia respecto a outras obras dentro da súa categoría.
Por outra banda, xurde dentro da feira con gran atractivo, A GALERÍA DE ARTE, que consiste preferentemente nunha exposición de obras de distintos autores e de diferentes oficios artesanais, a traves da cal o visitante pode admirar a riqueza da nosa cultura e o talento dos nosos artistas.
O programa de actividades incluíu diversos obradoiros demostrativos: teares, palilleiras, olería, forxa e vidreiras...así como a actuación de grupos folclóricos municipais.
Para a difusión desta feira, colocáronse pancartas publicitarias en diferentes puntos das parroquias do concello, encargáronse carteis publicitarios e dípticos informativos á imprenta e difundiuse en distintos medios de comunicación a través de cuñas publicitarias.
ANO 2003. NOVAS MELLORAS
Neste ano intentáronse acadar novas metas, que deron como resultado que esta feira tivese máis repercusión dentro da nosa Comunidade.
Pretendemos que a xente se interesase dende un principio na Feira e por esta razón convocamos xa un concurso de carteis no que o gañador aparte de lograr un premio en metálico, puido contemplar a súa obra nos distintos carteis e dípticos da Feira, que se colocaron por toda a zona.
Seguimos pedindo ós cidadáns que participen nos distintos obradoiros planificados para a celebración da Feira e así contribúan á expansión da nosa cultura.
Tamén ampliamos a nosa GALERÍA DE ARTE para demostrar que os nosos artesáns poden competir na calidade das súas obras con outros artesáns recoñecidos internacionalmente. Esto aumentou o orzamento adicado a este evento, debido ó traslado das diferentes obras e os seguros a pagar para protexelas ante diferentes contratempos.
Acadouse unha asistencia de artesáns de distintos oficios e zonas da Península, co cal os visitantes da feira puideron comprobar dalgunha maneira o extensa e rica que é a artesanía. Novamente esto incrementou o gasto, debido ó desprazamento e aloxamento destes artesáns.
ANO 2004. A CONSOLIDACIÓN
O Concello de Bergondo, en colaboración coa Asociación de Artesáns "As Mariñas" organizou a IV FEIRA DE ARTESANÍA (15, 16 e 17 de maio de 2004), que, como nos últimos anos, incluíu stands de venda, obradoiros participativos e demostrativos, así como unha Galería de Arte, na que estiveron expostas pezas de varios artistas de diferentes nacionalidades.

Cartel anunciador da IV Feira de Artesanía
FOTOGRAFÍASda IV Feira de Artesanía (2004)
ANO 2005
Vista da Carpa onde se aloxou a Feira de Artesanía
Actuación da Coral de Maiores de Bergondo
Obradoiro de Forxa
Taller de Palilleiras
Taller de litografía
Actuación de pandereteiras
Peza da exposición
ALGÚNS DOS STANDS DA FEIRA 2005

