BIBLIOTECA MUNICIPAL ( Axencia municipal de Lectura)
A Axencia municipal de lectura de Bergondo é un espacio aberto á cultura, educación, ocio e curiosidade
DENOMINACIÓN
A súa denominación como Axencia de Lectura e non como biblioteca está determinada polas súas características, segundo o Decreto 24/95 de 20 de xaneiro, polo que se regulan os centros bibliotecarios fixos (DOG de 2 de febreiro). Deste modo as Axencias de Lectura municipais cumprindo coas mesmas funcións que as bibliotecas, os fan dentro dun espacio físico máis reducido e tamén cun horario de apertura menor que aquélas.
SITUACIÓN
A Axencia Municipal de Lectura de Bergondo encóntrase moi preto da Casa do Concello e da Casa da Cultura, no baixo do edificio das oficiñas de Caixa Galicia. (no cruce Sada-Betanzos, A Coruña-Ferrol, na marxe esquerda da estrada que vai a Betanzos).
O noso HORARIO é de luns a venres, de 4 a 8 da tarde, e os sábados de 10 a 1 do mediodía.
CARACTERÍSTICAS:Conta con 52 postos de lectura para adultos e 12 postos infantís (coa apertura do edificio da Senra, o fondo infantil trasladouse a este novo espazo).
|
Nº de rexistros bibliográficos |
15.340 |
|
|
|
|
Nº volumes |
15.753 |
|
Libros |
15.094 |
|
Música impresa |
11 |
|
Música manuscrita |
1 |
|
Mapas impresos |
1 |
|
Audiovisuais |
177 |
|
Música |
15 |
|
Arquivos ordenador |
19 |
|
Material mixto |
3 |
|
Artigos |
5 |
|
Prensa, revistas |
14 |
|
|
|
|
|
|
|
Nº de títulos |
16.751 |
|
Nº de autores |
19.862 |
|
Nº de CDU |
15.844 |
|
Nº de series |
10.990 |
|
Nº de materias |
12.921 |
|
Nº de editoriais |
1.201 |
|
Nº de lectores |
817 |
|
|
|
SERVICIOS QUE PRESTA:
-Actividades educativo-culturais: conta-contos, charlas de dibuxantes, escritores, etc.
-Información bibliográfica: Pregunta á bibliotecaria, pódete axudar a atopar o que precisas.
-Préstamo a domicilio (con execpción dos materias excluídos deste préstamo, só consultables en sala: diccionarios, enciclopedias, atlas, etc.)
-Lectura en sala: disfruta co teu libro favorito dunha tarde tranquila e relaxada.
-Lector de CD-ROM: consulta as bases de datos que ofrece o noso servicio.
-Hemeroteca: xornais e revistas ó teu alcance e de forma gratuíta.
-Fotocopiadora.
Actualmente a biblioteca dispón de varios PCs conectados á rede internet mediante liña ADSL e conexión WI-FI de xeito gratuito.
¿CÓMO FACERSE SOCIO?
Para facerse socio só cumpre entregar unha fotocopia do DNI e cubrir os datos do impreso de solicitude. ¡anímate!.
O núm. de socios con dereito ó servicio de préstamo ascende a 817(maio 2010)
NORMAS DA BIBLIOTECA
Lectura en Sala
1.- Os lectores terán acceso ós libros depositados nos estantes, ollea-los, examina-los e consulta-los directamente, procurando devolve-los o seu lugar, seguindo as normas estrabrecidas para a súa clasificación, que estarán expostas nun lugar visible, consultando ante calquer duda á persoa encargada.
2.- Gardaráse silencio, procurando non molestar ós demáis lectores, tanto dentro do local coma nos arredores.
Préstamo a domicilio
1.- Para ter acceso ó préstamo de libros a domicilio é preciso dispor de carné de socio, pídense dúas fotos e é gratuito.
2.- Non se prestarán as grandes obras de consulta, diccionarios, enciclopedias, atlas, nen tampouco as revistas.
3.- Os socios poderán retirar como máximo tres libros de cada vez.
4.- A duración do préstamo será de dúas semanas, prorrogables por outro período de igual duración, sempre e cando o libro prestado non fose solicitado por outro lector, nesta e nalgunha outra circunstancia determinada, o período de préstamo poderase reducir.
5.- A demora da devolución dos libros orixinará unha sanción que vai dende a amonestación verbal ( se non excede de dous días) ata a retirada da tarxeta de préstamo por un período dun mes, tres meses ou un ano, según a demora sufrida.
6.- O deterioro dos libros ou a pérdida destes, obrigará ó lector beneficiario do préstamo ó pago dos gastos que orixine a reparación ou compra dun libro novo.
7.- Cando algún libro sexa moi solicitado e non se dispoña de exemplares suficientes para atender a tóda-las peticións, poderase rebaixar a duración do préstamo a sete días, sen dereito a prórroga.
Estes son algúns dos títulos dos que dispón:
ENCICLOPEDIAS:
Galicia (Historia), Ed. Hércules
Gran enciclopedia galega.
Enciclopedia galega universal.
Enciclopedia universal ilustrada Espasa-Calpe (completa)
Enciclopedia Summa Artis
XORNAIS:
La Voz de Galicia
El Ideal Gallego
PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS:
De adquisición municipal:
-MUY INTERESANTE (mensual)
-GEO (mensual)
-NATURA ( mensual)
-NUEVO ESTILO (mensual)
-CASA & CAMPO (mensual)
Recibidas gratuitamente:
-ESPAÑA (trimenstral), Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales
-EN MARCHA (mensual), COCEMFE
-GUÍA DE INFORMACIÓN JUVENIL (quinquenal), Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales
-BOLETÍN XOVE (mensual), Xunta de Galicia
-DIRECTORIO DE FUNDACIÓNS E ASOCIACIÓNS (semestral), Xunta de Galicia
-DIRECTORIO DE CENTROS (semestral), Xunta de Galicia
-DIRECTORIO DE OFICINAS DE INFORMACIÓN XUVENIL E PARA O -EMPREGO. Xunta de Galicia
-ESTADÍSTICA DE ADOPCIÓNS E ACOLLEMENTOS. Xunta de Galicia
-ESTADÍSTICAS DE FAMILIAS NUMEROSAS. Xunta de Galicia
-A ACTIVIDADE ECONÓMICA FINANCIEIRA (trimestral)
-REVISTA GALEGA DO ENSINO. Xunta de Galicia
-ENCRUCILLADA (bimestral) Revista de Pensamento Cristián
-REVISTA ESPAÑOLA DE DEFENSA (mensual) Ministerio de Defensa
-LOCAL (mensual) Revista de la Federación de Municipios
-FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE (mensual) Consellería de Familia, Muller e Xuventude
-PERFILES (mensual) O.N.C.E.
-MINUSVAL (mensual) IMSERSO
-SESENTA Y MÁS (mensual) IMSERSO
-ANDURIÑA. Lar gallego de Sevilla.
