Bergondo, <%=date%>

Estatística e Padrón de habitantes

 

XESTIÓNS do Padrón de habitantes

- Altas

- Baixas

- Cambios de domicilio

- Modificación por cambio de datos personais

- Volantes e certificados de empadroamento

 

ALTAS

- por CAMBIO DE RESIDENCIA:

Deberán achegar a seguinte documentación:

- Documento que acredite a identidade: DNI, para os que teñan nacionalidade española, e pasaporte,  tarxeta de residente ou calquera outro documento legal identificativo, para os das demáis nacionalidades.

- Libro de Familia no caso de que se inscriban menores.

- Documento que acredite a ocupación da vivenda: No suposto de que non figure ninguén empadroado nese domicili Escritura de propiedade, contrato de arrendamento, ou recibos mensuais de luz, auga, teléfono a seu nome. No suposto que os documentos antes reseñados figuren a nome doutra persoa, deberá acompañar ós mesmos escrito de autorización do titular xunto co DNI orixinal desa persoa.

No suposto de que o titular ou algunha persoa xa figure nese mesmo domicilio, deberá asina-lo impreso de alta do solicitante como proba de conformidade e autorización, así como copia do seu DNI.

  Modelo de impreso para a inscrición no padrón municipal para os españois, os comunitarios e os non comunitarios CON autorización de residencia permanente.

  Modelo de impreso para inscrición no padrón municipal dos estranxeiros non comunitarios SEN autorización de residencia permanente.

 
Observacións:
Tempo de tramitación: INMEDIATO.
Información pagamento: GRATUÍTO
 
 
- por CAMBIO DE DOMICILIO:

Os trámites e documentación a achegar é a mesma que para as Altas por cambio de residencia (parágrafo anterior).
 
Observacións: Tempo de tramitación: INMEDIATO
Información pagamento: Art.7º Ordenanza fiscal nº 3, BOP nº 171, data 27-07-02).
 
 
- por CAMBIO DE DATOS PERSONAIS:

Realizarase persoándose na Oficina de Estatística do Concello cando detecte algún erro na súa inscrición padronal, excluíndo o domicilio, (parágrafo anterior), provisto do seu DNI e co documento orixinal que acredite o dato a modificar.
 
Observacións:
Tempo de tramitación: INMEDIATO
Información pagament GRATUÍTO
 
 
 
 
VOLANTES E CERTIFICACIÓNS DE EMPADROAMENTO
 
Vostede pode obtelos a través de dúas vías:
 
1.- VÍA ELECTRÓNICA, a través da Sede electrónica municipal (con DNI electrónico ou Certificado electrónico). Para máis información consulte na propia Sede electrónica.

 

2.-  VÍA PRESENCIAL
 
Vostede pode obter os seguintes documentos:

- Volante individual ou colectivo
- Certificado individual ou colectivo
 

Solicítanse mediante o impreso que se lle facilita na oficina do Rexistro xeral deste Concello.

Cando o interesado non realice directamente o trámite e a persoa que formula a solicitude non figure na mesma folla padronal, deberá presentar unha autorización asinada polo interesado xunto co DNI orixinal de ámbalas dúas persoas.

modelo de autorización

Observacións:

Tempo de tramitación:
Volantes: INMEDIATOS
Certificados: Dependendo do contido do pediment De 1 a 4 dias.
Información pagamento: GRATUÍTO.

-------------------------------------------------------------------------------

para + info, contactar coa persoa encargada do Padrón, a través do correo electrónico ou no telef. 981 79 12 52, ext. 8.

-------------------------------------------------------------------------------

Enlaces de interese :














Volver

(c) Concello de Bergondo
Estrada A Coruña, 12 - 15165 - Bergondo (A Coruña)

telf. 981 79 12 52 - fax 981 79 42 33 - e-mail
Deseñada por
AracnoSoft


Gestor de contenidos desarrollado por AracnoSoft