A Casa da Cultura, é o edificio onde se ubican as oficinas relacionadas coas áreas de Cultura e Deporte, e está situado moi preto da Casa do Concello.
Vista do acceso principal á Casa de Cultura do Concello de Bergondo
Está distribuída nos seguintes espacios:
Oficinas administrativas, pertencentes ás áreas de Cultura e Deportes.
Aulas multiusos: destinadas a impartir cursos, charlas, conferencias, reunións, etc.
Aula de Informática: preme aquí para ir o apartado da Aula de Informática.
Salón de Actos: onde se pode asistir a funcións de teatro, proxeccións cinematográficas, conferencias, e cursos en xeral.
Ximnasio municipal: ubicado nos baixos do edificio. Para saber as actividades deportivas que se desenvolven no Ximnasio,(ademais doutras actividades que se desenvolven noutros lugares do Concello) preme aquí
En abril de 2007 inaugurouse un novo centro sociocultural A SENRA, no que se levan a cabo múltiples actividades.

Principais obxectivos desta Área:
Dar a coñecer a tódolos veciños e veciñas de Bergondo as Actividades que se estan a levar a cabo, mediante una información puntual das mesmas.
Poñer ó alcance de todas aquelas persoas que se acheguen a este apartado unha información básica daqueles acontecementos culturais que teñen lugar neste municipio: Festas, Festivais, Feiras, etc.
Poñer en contacto ó usuario co Concello, mediante o correo electrónico, onde poderá expoñer as súas dúbidas, comentarios, ou calquera cuestión que sexa do seu interese, sempre dentro desta Área de Cultura.

Encontros infantís, ó carón da Casa da Cultura,
na Semana das Letras Galegas 2003
Contacto
Telf: 981.791.252 (Concello)
Fax: 981.794.233
cultura.deportes@bergondo.dicoruna.es