As Axencias de desenvolvemento Local, promovidas e dependentes das administracións locais, configúranse como instrumentos de creación de emprego mediante o aproveitamento racional dos recursos e o apoio ás iniciativas locais de xeración de emprego.
Bergondo conta con Axencia de Desenvolvemento local desde o ano 1999 e o seu papel como motor do desenvolvemento local foi importantísimo.
O obxectivo principal da Axencia de Desenvolvemento Local é fomentá-la actividade económica e social do Concello, coa finalidade de xerar crecemento económico e desenvolvemento local.

As actividades que se realizan e os servicios que se prestan agrúpanse en varias liñas de actuación:
· Servicios de inserción e orientación laboral.
· Promoción económica
· Formación
Contacto: Alberto Rilo, ou no teléfono 981 79 12 52.
Oficina ubicada no novo edificio, o carón do da Policía Local e Xulgado de Paz do Concello