Bergondo, <%=date%>

Estadística e Padrón

O PADRÓN MUNICIPAL DE HABITANTES é o rexistro administrativo onde constan tódolos veciños do municipio. NORMATIVA: Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais, aprobado por RD 1690/1986, de 11 de xullo, modificado por RD 2612/1996, de 20 de decembro, e demáis normas complementarias de empadroamento.

Datos oficiais do padrón:
 
POBOACIÓN TOTAL
- 6.696 habitantes. Cifras de poboación referidas ó 01/01/2009
- 6.683 habitantes. Cifras de poboación referidas ó 01/01/2008
- 6.540 habitantes. Cifras de poboación referidas ó 01/01/2007
 
Fonte: www.ine.es.  (Instituto Nacional de Estatística)
 
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

XESTIÓNS do Padrón de habitantes

Altas - Baixas - Cambios de domicilio - Modificación por cambio de datos personais - Volantes e certificados de empadroamento

ALTAS POR CAMBIO DE RESIDENCIA:

Deberán achegar a seguinte documentación:

- Documento que acredite a identidade: DNI, para os que teñan nacionalidade española, e pasaporte,  tarxeta de residente ou calquera outro documento legal identificativo, para os das demáis nacionalidades.

- Libro de Familia no caso de que se inscriban menores.

- Documento que acredite a ocupación da vivenda: No suposto de que non figure ninguén empadroado nese domicilio: Escritura de propiedade, contrato de arrendamento, ou recibos mensuais de luz, auga, teléfono a seu nome. No suposto que os documentos antes reseñados figuren a nome doutra persoa, deberá acompañar ós mesmos escrito de autorización do titular xunto co DNI orixinal desa persoa.

No suposto de que o titular ou algunha persoa xa figure nese mesmo domicilio, deberá asina-lo impreso de alta do solicitante como proba de conformidade e autorización, así como copia do seu DNI.

Modelo de impreso para a inscrición no padrón municipal para os españois, os comunitarios ou os non comunitarios CON autorización de residencia permanente.

Modelo de impreso para inscrición no padrón municipal dos estranxeiros non comunitarios SEN autorización de residencia permanente.

 
Observacións:
Tempo de tramitación: INMEDIATO.
Información pagamento: GRATUÍTO
 
 
ALTAS POR CAMBIO DE DOMICILIO:

Os trámites e documentación a achegar é a mesma que para as Altas por cambio de residencia (parágrafo anterior). Observacións: Tempo de tramitación: INMEDIATO
Información pagamento: Art.7º Ordenanza fiscal nº 3, BOP nº 171, data 27-07-02).
 
ALTA POR CAMBIO DE DATOS PERSONAIS:

Realizarase persoándose na Oficina de Estatística do Concello cando detecte algún erro na súa inscrición padronal, excluíndo o domicilio, (parágrafo anterior), provisto do seu DNI e co documento orixinal que acredite o dato a modificar.
Observacións:
Tempo de tramitación: INMEDIATO
Información pagamento: GRATUÍTO
 
VOLANTES E CERTIFICACIÓNS DE EMPADROAMENTO

- Volante individual - Volante colectivo - Certificado individual - Certificado colectivo

Solicítanse mediante o impreso que se lle facilita na oficina do Rexistro xeral deste Concello. Cando o interesado non realice directamente o trámite e a persoa que formula a solicitude non figure na mesma folla padronal, deberá presentar unha autorización asinada polo interesado xunto co DNI orixinal de ámbalas dúas persoas.

Observacións:

Tempo de tramitación:
Volantes: INMEDIATOS
Certificados: Dependendo do contido do pedimento: De 1 a 4 dias.
Información pagamento: GRATUÍTO.

Contacto: Rosa Calviño

-------------------------------------------------------------------------------

Enlaces de interese:
Geohive.com (Páxina en inglés sobre estatísticas mundiais)













Volver

(c) Concello de Bergondo
Estrada A Coruña, 12 - 15165 - Bergondo (A Coruña)

telf. 981 79 12 52 - fax 981 79 42 33 - e-mail
Deseñada por
AracnoSoft


Gestor de contenidos desarrollado por AracnoSoft