Aula de informática na Casa de Cultura (edificio detrás do Concello)

Aula de informática no edificio sociocultural da Senra
(inaugurado o 28 de abril de 2007)
As Aulas de Informática do Concello de Bergondo son un espacio formativo aberto a todas aquelas persoas que estean interesadas en iniciarse no mundo das tecnoloxías actuais, ampliar os seus coñecementos neste campo ou ben utiliza-las Aulas como medio para facer traballos, concectarse á rede, etc.
Equipamento dispoñible na Aula de informática da CASA DE CULTURA:
Impresora laser.
15 equipos informáticos (4 pertencen o Concello e 11 á Excma. Deputación Provincial da Coruña, que tras a sinatura dun convenio cedeu o uso dos mesmos ós veciños do Concello).
Liña ADSL
1 monitor de TV.
O ACCESO Á AULA, O TRABALLO COS EQUIPOS E A CONEXIÓN A INTERNET SON GRATUITOS
Para facer uso da Aula impartido unha clase, conferencia, etc, deberá de solicitalo previamente no Concello
(estas actividades están suxeitas a tarifas reguladas mediante unha ordenanza fiscal municipal)
ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA UTILIZACIÓN DOS SERVICIOS DA AULA DE INFORMÁTICA DO CONCELLO DE BERGONDO. Ano 2001
Modificación da Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización da Aula de Informática do Concello de Bergondo. Ano 2003
Servicios ofertados polo Concello.
Aula Aberta: O concello ofrece un tempo para o uso libre da Aula de Informática por parte das persoas interesadas.
Programas de formación Actividades socioculturais.
NORMAS DE USO DAS AULAS DE INFORMÁTICA
A Aula de Informática é un espacio común que debe rexerse por unha serie de normas para garanti-lo bo aproveitamento do seu uso. O Concello de Bergondo elaborou unha relación de pautas de comportamento que teñen o obxecto de facilita-lo distrute por tódolos cidadáns das instalacións municipais e converter a Aula nun lugar de esparcemento, ocio e formación.
Tódolos cidadáns teñen dereito á utilización dos equipos existentes na Aula Informática, agás nas horas do día en que estean reservados para a utilización exclusiva polos departamentos do Concello (cursos, actividades, xornadas, etc.).
A utilización da Aula é gratuita nos horarios adicados a AULA ABERTA. Os cursos terán o custo que se escerá en cada caso concreto.
Para o benestar de todos é desexable manter un ambiente agradable que permita o correcto desenvolvemento de tódalas actividades ás que está destinada a Aula, por iso prégase: 1. Baixa-lo volúme dos teléfonos móviles. 2. Falar en voz baixa. 3. Non formar aglomeracións de persoas en torno a un mesmo ordenador.
Por motivos de hixiene e coidado dos equipos informáticos, haberá que sair fora da Aula para inxerir alimentos ou bebidas.
A Aula de Informática ten a intención de converterse non centro de formación e espallamento, polo que queda absolutamente prohibido a consulta de páxinas de contido inapropiado (violentas, pornográficas, etc.).
A Aula está pensada para que os cidadáns de tódalas idades poidan ter acceso ás novas tecnoloxías, pero para o correcto funcionamento da mesma é necesario que os menores de 10 anos veñan acompañados dalgún adulto.
Tódolos equipos da Aula están a disposición de todos, pero para a impresión dalgún documento é preciso contar co consentimento do encargado da Aula.
O coidado dos ordenadores e demais equipos é responsabilidade de todos, por iso, para evitar calquera risco para a súa integridade recoméndase: 1.- Non colocar ningún obxecto sobre o ordenador. 2.- Non modifica-la configuración do ordenador. 3.- Apaga-los equipos que se utilicen seguindo o procedemento habitual. 4.- Non instalar, sen previo permiso dos responsables da Aula, ningún programa alleo á Aula de Informática. 5.- Non alterar a composición dos equipos informáticos intercambiando os distintos elementos que os compoñen.
Nos casos en que tódolos ordenadores estean ocupados, poderá escerse unha limitación no tempo máximo de utilización de 1 hora para cada persoa.
Por motivos estrictamente legais, non poderán utilizarse os equipos da Aula para instalar, copiar e reproducir programas non orixinais. Todas estas recomentdacións están pensadas para o mellor aproveitamento das instalacións da Aula. O seu incumprimento pode dar lugar á adopción polos responsables da Aula das medidas disciplinarias aplicables segundo a normativa vixente.
GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN